Xoves 28, estable con ceos despexados e lixeiro descenso das temperaturas no litoral

27 Maio 2026

Agárdase unha xornada con ceos maioritariamente despexados, aínda que con presenza de nubes altas. No litoral atlántico poderán rexistrarse brétemas costeiras, mentres que pola tarde medrarán nubes de evolución no leste, con posibilidade dalgún chuvasco treboento illado.

As temperaturas manteranse sen cambios ou con lixeiros descensos, máis acusados nas zonas costeiras debido ás brétemas( 26 a 28 nas costa e 31 no interior). O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados durante a tarde no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.