O Concello de Boiro celebra este sábado 30 unha gran festa do deporte para a clausura das Escolas Deportivas da tempada 2025/2026

27 Maio 2026

O Concello de Boiro celebra este sábado 30 de maio unha gran festa do deporte que vai servir como broche final á tempada 2025/2026 das Escolas Deportivas Municipais. Celebrarase nas pistas de A Boqueira de A Negral e o Pavillón da Cachada e contará con exhibicións e entrega de agasallos.

A partir das 10.00 horas haberá exhibicións de distintos deportes como tenis infantil, baloncesto, ciclismo, xadrez, voleibol ou patinaxe. Ás 11.30 hora terá lugar a entrega de premios de tenis e a partir das 12.00 entrega de agasallos a todos os rapaces das distintas escolas deportivas no Pavillón da Cachada.

Previamente, o sábado pola tarde celebrarase a clausura da ximnasia para xubilados e programa Boiro Actívate, ás 17.00 horas no Pavillón de Barraña; é ás 19.00 entrega de premios das ligas de fútbol biberón no Campo de Fútbol de Vista Alegre.

Durante o curso 2025/2026 desenvolveuse a XXXIII edición das Escolas Deportivas Municipais que engloban actividades para nenos e nenos, así como propostas para persoas adultas, que se desenvolven coa colaboración dos clubs deportivos do municipio.

A oferta de actividades para persoas adultas engloba ximnasia para xubilados; Boiro Actívate, un programa específico para persoas con patoloxías; e tenis. En canto ao programa deportivo infantil e xuvenil hai mellora da motricidade, tenis, ciclismo, atletismo, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, baloncesto, triatlón, natación, golf, vela e patinaxe artístico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.