“Merlín”. Xulio Xiz

26 Maio 2026

        Estoutro dia fun traballar a unha gran superficie en Duquesa de Lugo. Non é que sexa amigo do dono, pero cáeme ben. O nome figura na portada: Merlín. Ten que ser alomenos vinte veces máis vello ca min, pero seica Cunqueiro tratou con el. Aquí cítano como rei, que supoño é unha forma intelixente de dicir que mangoneaba ao rei Arturo cando este se pasaba coa Xenebra.
        Traballei sen cobrar – como xubilado ten que ser así – porque encargara unha mesa para fóra da casa que, como viña desmontada, me cabía no coche, e aló fomos por ela Merce e mais eu.
        Déixaronme o inmenso paquete no fondo de todo da grande superficie, e tiven que coller fóra un carro que – aínda baleiro – tiraba cara ao lado conservador, e tiña que ir gobernándoo para poder circular por entre os rimeiros de mercancía.  Subir a mesa ao carro, foi unha odisea. Nos, sós diante do perigo. Unha mole coma o monolito de “Odisea no espazo”. 150 por 89. Non entraba de todo, e tiña que ir ladeada. Merce dirixía a maniobra, e eu maniobraba con máis perigo para as mercadorias da contorno ca para nós mesmos, pero debímolo facer moi ben porque ningún dos amables empregados da tenda do meu amigo  – mira que son xeitosos para vender! – nos preguntou se precisábamos axuda. Vese que a nosa presencia aínda non nos fai entrar nesa categoría senior que provoca nos mozos un sentimento de protección, sempre estimable.
A raiz desta aventura recibín media ducia de correos de Merlin, entre eles un preguntándome que me parecía a experiencia, ao que lle respostei que a compra moi ben, pero quedei un pouco queixoso porque non me tivesen preguntado se precisaba axuda. Por agora, non me contestou.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.