Comeza a conta atrás para o Trofeo Concello de Boiro 2026, este sábado en Barraña

26 Maio 2026

Este sábado 30 de maio o Campo Municipal de Barraña vai acoller a partir das 11.30 horas o Trofeo Concello de Boiro: unha importante cita deportiva que mobiliza boa parte da comunidade deportiva do termo municipal, de feito participan todos os clubs con base no concello.

O trofeo celebrarase o vindeiro sábado 30 de maio nunha xornada única, pola mañá a eliminatoria previa a partir das 11.30 horas e, pola tarde, terán lugar as semifinais nas que xogarán o CD Boiro contra o mellor perdedor da eliminatoria e ás 18.00 horas os dous gañadores da eliminatoria. A final terá lugar ás 19.30 horas.

“Este trofeo está pensado como unha festa de todos os equipos de fútbol de Boiro para celebrar o fin da tempada”, afirmou a organización, engadindo que “constitúe a unión de todo o fútbol boirense, independentemente da categoría na que xogan”.

O prezo da entrada é de cinco euros e a recadación será doada a entidades sociais do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.