“Pouca credibilidade á imputación de Zapatero no caso Plus Ultra” – Antón Luaces

26 Maio 2026

Unha tolemia: o sumario do caso Zapatero semella ter tantas ramificacións que non se pode determinar quen, realmente, pode ser relacionado cunha presunta trama corrupta supostamente “dirixida” polo expresidente José Luis Rodríguez Zapatero. Este sería, segundo se despende desa trama corrupta que desenvolve o xuíz do caso, a  cabeza reitora dunha organización denunciada por Anticorrupción após as alertas emitidas desde Suiza e Francia.

Para o xuíz instrutor a compañía aérea Plus Ultra contratou os servizos de Análisis Relevantes,  a sociedade de Julio Martínez Martínez que, á súa vez, contrataría os de José Luis Rodríguez Zapatero -a quen o maxistrado Calama apunta como supostamente relacionado co rescate da aeroliña- cuestión que Zapatero desmentiu de xeito tallante.

O propio entorno do expresidente  coida como improbable que se poida demostrar a atribución a Zapatero nesa trama delitiva e que realizara unha acción semellante. Tampouco admite a imputación do expresidente por organización criminal, falsidade e tráfico de influencias no caso Plus Utra.

Son moitos os que entenden que Zapatero está a pagar agora, após as eleccións andaluzas e os resultados finais destas, a súa importante participación desde 2023 nas campañas electorais socialistas.

Para o propio Zapatero, os informes da UDEF chegan a “conxeturas completamente disparatadas” que o culpan dunha “conduta delitiva moi grave”. Concluiu días atrás que as súas actuacións foron “perfectamente legais” e que nas súas relacións fiscais non hai contas pendentes.

Aínda que por apreciacións ben diferentes, o tamén expresidente do Goberno Felipe González, non ve a Zapatero “con capacidade para montar esa enxeñería financeira”. 

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.