“Seguimos gobernando ‘con sentidiño’?” – Xosé María Dios Diz

26 Maio 2026

“Crer no sentido común é a primeira falta de sentido común”. Eugene O’Neill (1888-1953).

Dramaturgo estadounidense. Premio Nobel de Literatura en 1936.

O Debate sobre o Estado da Autonomía de Galicia, de abril do 2026, consolidou o discurso de Alfonso Rueda, enfocado, segundo el “na estabilidade, na xestión moderada e na reivindicación de gobernar con sentidiño”.

Desde a oposición e diferentes sectores de opinión, deixóuselle claro que a política que leva facendo o PP nos últimos 17 anos leva a Galicia a un declive evidente en materia sanitaria e que se continúan coa súa ideoloxía de desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público, tal e como o coñecemos, acabaremos por ter unha Sanidade do terceiro mundo. A cidadanía perde dereitos sanitarios día a día e os que poden, acoden á privada para solucionar o ben máis prezado que teñen: a súa saúde!

Como se explica que os recortes do PP durante 17 anos, deixen a Galicia co número de camas hospitalarias máis baixo desde 1999? O Instituto Galego de Estatística, vén de publicar este informe onde aprecia que temos 3,27 camas por cada 1.000 habitantes no 2026, fronte a 3,6 que tiñamos en 1999. A media europea está en 5,1.

Como se explica que a Atención Primaria teña o 28% de prazas vacantes nos Centros de Saúde?

Segundo o Consello de Contas, o investimento en AP en Galicia é do 12%, moi lonxe do recomendado pola OMS que é do 25%. É isto gobernar con sentidiño? Temos que sufrir os galegos a neglixencia do goberno do PP en materia sanitaria e padecer os colapsos diarios para ser atendidos no SERGAS? O PP ten unha estratexia: favorecer os intereses dunha clase política, que non sofre desa “incompetencia” do día a día, pois acoden á privada, moito veces relacionada co investimento desde o público a cambio do seu apoio ás políticas neoliberais do PP.

Como é posible, segundo o Sindicato Médico de Granada, que os Médicos Residentes de Galicia de Primeiro e de Segundo ano, despois de 6 duros anos de estudo de Medicina, cobren menos que o Salario Mínimo Interprofesional? 1.152 e 1.207 €/mes. Somos a CCAA que menos paga aos seus residentes… Que “sentidiño” ten?

A Saúde Mental é un problema de enorme magnitude na actualidade. En Galicia, seguimos agardando polo anhelado Plan de Saúde Mental, consensuado, que permita saír do estancamento,

no que se atopa a xente que precisa deste servizo. Temos 26 psicólogos clínicos para todo o país. Un psicólogo clínico para 103.846 persoas! Ten isto sentidiño? Rueda prometeu 2 psicólogos máis na AP…para 400 Centros de Saúde…A cociente é de 6 psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes. No estado estamos en 9-12 e na Unión Europea 19.

Que país pode soportar ter a 49.554 persoas nunha lista de espera para cirurxía a finais

do 2025? Datos do Ministerio de Sanidade. Ten algún sentidiño?

Pero cando falamos de Incompetencia ou Estratexia, temos que referirnos á Débeda Pública. O que gasta o PP en Galicia é moito máis do que ingresa (cun orzamento para 2026 de 14.000 millóns de €). Se non teñen “problema de chequeira” (Rueda dixit) que sentidiño ten? Segundo dados do Banco de España, ao 31 de decembro do 2025, o endebedamento era de 12.010 millóns, 8.056 millóns de € máis que hai 17 anos…

Pero os desmáns non quedan aquí: no ano 2022, a Xunta, deixou sen executar máis da metade dos fondos europeos dispoñibles. Ten isto sentido? E aínda por encima, rexeitan a condonación da débeda de 4.010 millóns de €.

Rueda, no debate do Estado da Autonomía do 2024 dixo: “Crearemos 24 centros de maiores, con 1.800 novas prazas de atención, en concellos de menos de 50.000 habitantes…”. E que casualidade: dixo o mesmo no 2025… Ademais de tomarnos por parvos, pensa que non temos memoria e que pode seguir engaiolando á xente… pero xa non coa! E a última ocorrencia destes “bos xestores” é o tema das baixas laborais.

Rueda ten unha teima importante para tomar sempre medidas que prexudican aos traballadores e benefician ás clases máis favorecidas. Esta medida, pon en cuestión a actitude dos médicos (que os volve a poñer na palestra da opinión pública) e a dos traballadores (aos que considera vagos e faltos de profesionalidade).

Tamén pon en cuestión o Sistema de Inspección co que conta o SERGAS. Ademais, dálle ás mutuas (de carácter privado, claro) a capacidade de propoñer as altas por encima da propia inspección. Datos da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal.

Ten todo isto sentidiño ou Eugene O’Neill tiña razón?

Xosé María Dios Diz é médico especialista de AP de Outes. Maio 2026.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.