Noia pecha con éxito unha Feira do Libro marcada pola gran afluencia e o ambiente familiar

24 Maio 2026

A Feira do Libro de Noia pechou esta fin de semana cun balance moi positivo, consolidándose como unha das citas culturais de referencia na comarca tras reunir durante tres días a centos de persoas arredor da lectura e das actividades para todos os públicos.

O bo tempo acompañou ao longo de toda a fin de semana, con xornadas soleadas que favoreceron unha elevada asistencia e permitiron desfrutar plenamente da programación. A Alameda converteuse así no epicentro da actividade cultural, cun ambiente animado e continuo fluxo de visitantes.

Un dos aspectos máis destacados desta edición foi a gran acollida dos obradoiros e actividades infantís, que rexistraron unha alta participación e completaron aforos en numerosas sesións. As propostas dirixidas á cativada contribuíron a dinamizar o recinto e a reforzar o carácter familiar do evento.

A concelleira de Cultura, Chelo Martínez, subliñou “a gran afluencia de veciños e veciñas, así como de persoas visitantes”, que evidenciaron “o interese que existe en Noia pola cultura e pola lectura”. Así mesmo, agradeceu “o traballo de todas as persoas, asociacións, editoriais, autoras e autores que participaron na feira” e destacou a importancia de “achegar a lectura aos máis cativos”.

Desde o Concello valoran moi positivamente o desenvolvemento da feira, salientando tanto o ambiente cultural e familiar vivido durante as tres xornadas como a boa acollida das presentacións, actividades e postos participantes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...