O pleno de Boiro dá azos á Escola de Idiomas e a novas medidas para reactivar social e economicamente o concello

29 Maio 2020

O Concello de Boiro celebrou este xoves ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de maio. Fíxose, ao abeiro das disposicións de seguridade sanitaria contra a COVID, a través dunha fórmula mixta (con parte dos concelleiros participando de xeito presencial e outros de maneira telemática) e retransmitiuse novamente e directo, a través da canle do Concello en Youtube. A sesión contou coa ausencia de dous concelleiros, Juan José Dieste, do grupo municipal do Partido Popular, e Carlos Ansoar, do grupo municipal do BNG.

Ao seu abeiro, colleron impulso iniciativas de gran relevancia, como a moción do BNG para a elaboración dun plan galego de reactivación económica (aprobada por unanimidade), a moción de Boiro Novo para pór en marcha iniciativas locais de reactivación económica e social, ou a proposta do PsdG para crear unha Escola de Idiomas en Boiro (aprobada por unanimidade).

A orde do día e votacións foron as seguintes:

1. Aprobación das actas das sesións plenarias do 13/02/2020, 11/03/2020 e 12/03/2020 – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

2. Subvención Plan Único Concellos POS+2020. Ratificación de resolución de alcaldía – aprobado con 9 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos) e 6 abstencións (PP)

3. Subvención para gastos sociais extraordinarios POS adicional – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

4. Subvención para gastos correntes e investimentos financeiramente sustentábel. POS adicional – aprobado con 9 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos) e 6 abstencións (PP)

5. Moción do Grupo Municipal do BNG sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

6. Moción do Grupo Municipal do BNG sobre a derrogación da “Lei Montoro” – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

7. Moción do Grupo Municipal BNG sobre a adopción de medidas en relación con PEMES e autónomos – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

8. Moción do Grupo Municipal do PSdG-PSOE sobre a Escola de Idiomas – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

9. Moción do Grupo Municipal BNG sobre a lingua galega – aprobado con 9 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos) e 6 en contra (PP)

10. Moción do Grupo Municipal de Boiro Novo/Mixto para a substitución de contedores de lixo – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

11. Moción do Grupo Municipal de Boiro Novo/ Mixto para a adopción de medidas de recuperación económica e social no concello de Boiro – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

12. Moción do Grupo Municipal do PP en relación coas terrazas dos establecementos de hostalaría – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

13. Moción do Grupo Municipal do PP dobre a adopción de medidas sociais e económicas en relación a crise da COVID-19 – aprobado por unanimidade (15 votos a favor)

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.