ACADAR e a Deputación sensibilizarán aos centros educativos en prevención da violencia en mulleres e nenas con discapacidade (actividades en Padrón e Santiago)

22 Maio 2026

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, visitou esta semana a sede da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, en Santiago de Compostela, para coñecer de primeira man o labor que desenvolve a entidade no acompañamento e apoio ás mulleres con discapacidade.

ACADAR é unha das entidades beneficiarias da convocatoria FOIO0A/2026 da Área de Igualdade da Administración provincial, dotada con 600 000 euros para o apoio a programas en políticas de xénero desenvolvidos por entidades sen ánimo de lucro.

A deputada de Igualdade, Sol Agra, subliñou que con esta convocatoria “reafirmamos o noso compromiso co apoio ao tecido asociativo que traballa día a día pola igualdade real e efectiva”.

A deputada sinalou que “a discapacidade e a situación de vulnerabilidade fronte á violencia sexual de mulleres e nenas con discapacidade é unha realidade incómoda que está invisibilizada”, polo que o traballo de ACADAR “é fundamental para achegalo á sociedade”.

Agra puxo en valor “o papel do apoio económico das institucións ás entidades aliadas que traballan desde a sociedade civil”, pois o seu coñecemento do territorio “permite desenvolver intervencións máis eficaces”.

A asociación recibiu unha subvención de 15 230 euros ao abeiro desta liña para o desenvolvemento do proxecto VIO 10: Ver para erradicar, unha iniciativa formativa dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional e universitario para sensibilizar sobre discapacidade, igualdade e prevención da violencia de xénero e sexual.

Durante a visita, Sol Agra coñeceu o funcionamento deste programa, que presta especial atención ás distintas formas de violencia que sofren as mulleres con discapacidade, incluídas a violencia vicaria e a violencia dixital. O proxecto desenvólvese en concellos como Santiago, Brión, Ordes, A Coruña, Ames e Padrón, e inclúe accións presenciais e tamén formacións en liña adaptadas ás necesidades dos centros educativos.

ACADAR foi constituída no ano 2009 en Santiago de Compostela e foi a primeira asociación galega centrada na defensa da igualdade efectiva das mulleres con discapacidade. Entre os seus obxectivos están a promoción da autonomía e da participación social das mulleres, así como a prevención e erradicación das distintas violencias que poden sufrir.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.