“O PP adiántase ao veredicto xudicial no caso Zapatero cun expresivo “non podería delinquir” de non ser polo Consello de Ministros”. Antón Luaces

21 Maio 2026

José Luis Rodríguez Zapatero é o primeiro expresidente do Goberno español imputado xudicialmente, acusado de organización criminal, tráfico de influencias e falsificación documental. Sen embargo o xurista galego que fora fiscal do Tribunal Supremo español José Antonio Martín Pallín, en relación con esta imputación e o caso da aeroliña “Plus Ultra” -rescatada mediante un préstamo polo Goberno español de 53 millóns de euros- non percibe “actividades delictivas” nesta operación, segundo manifestou no programa “24 horas” de TVE. No rescate citado tamén  aparecen as compañías aéreas “Air Europa” (cun crédito de 475 millóns de euros), “Air Nostrum” (111 millóns) e “Volotea” (200 millóns de euros). Asimesmo foi aprobado no ano 2021 o rescate da compañía “Ávoris” por 320 millóns de euros. Destes préstamos non se fai mención na denuncia presentada polo sindicato “Manos Limpias”.

A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ratificou a decisión da Comisión Europea que afecta a tódalas aeroliñas de Europa. Outros estados membros da UE fixeron o mesmo que España ao abeiro da sentenza do antedito Tribunal de Xustiza da Unión.

O eido da xurisprudencia, xunto con partidos coma o PP e VOX,  son os que, en España, manteñen as reaccións e valoracións á imputación de Rodríguez Zapatero no devandito caso “Plus Ultra”.

Fronte ao dito por José María Aznar sobre “O que poda facer, que faga”, Núñez Feijoo manifestou este mércores en sede parlamentaria que “o que poda roubar, que roube”, ante o apoio expreso do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a Zapatero.

Sánchez desbota o adianto electoral que reclama a oposición, especialmente o PP, que da por feito que, de non ser polo Consello de Ministros, Zapatero “non podería delinquir”, adiantándose deste xeito ao veredicto xudicial.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.