Os veciños e veciñas de Lesende e Vilacova súmanse á campaña de apoio á candidatura de Zernadas de Castro ás Letras Galegas 2027

20 Maio 2026

Os locais sociais de Lesende e de Vilacova acolleron na tarde deste martes 19 de maio cadansúa presentación do Proxecto Zernadas’27, que o Concello de Lousame está a realizar por todo o municipio para promover a candidatura de Diego Antonio Zernadas de Castro ao Día das Letras Galegas de 2027, coincidindo co 250 aniversario do seu pasamento. Deste xeito, tan só quedará San Xusto para completar o municipio, algo que ocorrerá o próximo luns 25 de maio, ás 19:30 horas.

A xornada en Vilacova

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, salientou o acto do pasado 17 de maio en Fruíme, “onde tivemos a centos de persoas das sete parroquias reclamando o mesmo. E é algo moi bonito que todo un pobo se reúne arredor da súa cultura e reclame esta candidatura á Real Academia Galega para que nos fagan caso. Sabemos que é un labor moi difícil, en primeiro lugar porque somos un concello moi pequeno e rural”.

Xuntanza veciñal en Lesende

Tras presentar as razóns polas que o cura de Fruíme merece ser honrado cun Día das Letras Galegas, Ares García explicou que “puxemos sobre a mesa todo o que tiñamos e consideramos que xa é un gran éxito que o nome de Zernadas vaia estar no debate final. Despois xa dependerá dos académicos e as súas decisións. Pero, pase o que pase, o que temos claro é que Lousame vai conmemorar como se merece o 250 aniversario do pasamento do cura de Fruíme”.

Pola súa banda, o técnico municipal de Cultura, Eduardo Agraso, presentou á veciñanza as distintas iniciativas realizadas polo Concello de Lousame, en colaboración coa AAVV Cernadas de Castro de Fruíme, para poñer en valor a vida e obra de Zernadas de Castro.

Ademais proxectouse o vídeo elaborado polo realizador Luís Avilés para promover a candidatura de Zernadas de Castro. A sesión rematou con todos os presentes sumándose á campaña promocional que o Concello de Lousame ten en marcha en redes sociais co cancelo #EuConZernadas, primeiro en grupo e moitos deles tamén de forma individual. O Concello agasallou aos presentes cun libro de Zernadas de Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...