Lousame acolle a 17º xuntanza da súa mesa de traballo contra a violencia de xénero

19 Maio 2026

O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu a decimosétima xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Silvia Agrafojo, concelleira Igualdade e Servizos Sociais. Unha reunión na que se detallaron as actividades realizadas dende a área de sensibilización en igualdade e prevención da violencia contra as mulleres durante os últimos meses, con especial énfase na programación realizada en torno ao 25 de novembro.

Ademais, as participantes tomaron coñecemento a formación ofrecida dende a Consellería de Política Social e Igualdade para as mesas locais e compartiron información sobre as actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de Lousame e novidades nos procedementos. Finalmente, aprobouse a acta da anterior reunión da Mesa, do 12 de decembro de 2025.

Nesta derradeira sesión participou por videoconferencia a xefa de Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, así como a directora CPI Cernadas de Castro; a enfermeira Centro de Saúde de Lousame; a cabo do equipo Viogén do posto da Garda Civil de Noia; a traballadora social de Lousame; e a técnica da Concellería de Igualdade e secretaria da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...