O BNG de Ribeira condena con firmeza o ataque ao monumento ás vítimas do franquismo no Malecón e pide a súa restitución

19 Maio 2026

O BNG de Ribeira quere expresar a súa rotunda condena ante o ataque vandálico sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas da represión franquista situado no Malecón, ao que lle arrincaron a placa explicativa e romperon a iluminación.

O espazo de memoria democrática para dignificar e honrar ás máis de 100 veciñas e veciños represaliados pola ditadura e ás súas familias fora inaugurado, en novembro do 2023, polo alcalde Luís Pérez Barral, o historiador da CRMHB José Antonio Pérez, María Dolores Sanlés e Celia García familiares de represaliados e a escultora Soledad Penalta.

Para o BNG, non se trata só dun acto de vandalismo, senón que o cualifican de “ataque directo á memoria democrática, á convivencia e aos valores de liberdade e xustiza polos que loitaron moitas persoas que sufriron persecución, cárcere, exilio ou mesmo a morte a mans dos fascistas”.

O portavoz do BNG en Ribeira e exalcalde, Luís Pérez Barral, sinalou que “cando se agrede un monumento que honra ás vítimas dunha ditadura, o que se está intentando é borrar a memoria colectiva e normalizar discursos de odio incompatibles coa democracia na que vivimos”.

Pérez Barral advertiu ademais de que este tipo de episodios “danse tamén por culpa dos discursos cada vez máis reaccionarios da dereita e da extrema dereita que incluso chegan a banalizar o franquismo e alimentan un clima de confrontación e intolerancia”.

Seguindo o dito fío, reclamou “unha resposta social e institucional contundente fronte a quen pretende reescribir a historia ou intimidar a quen defende os valores democráticos”.

Desde o BNG lembran que “o monumento do Malecón foi creado para recuperar a memoria das vítimas da represión franquista en Ribeira e recoñecer a dignidade de quen padeceron a violencia dun réxime ditatorial”, polo que consideran “especialmente grave” que se produza un ataque contra un símbolo de reparación e memoria colectiva.

Pérez Barral quixo lembrar as palabras que dixo cando inaugurou como alcalde ese monumento: “rendemos homenaxe ás persoas que se negaron a ser silenciadas, a quen resistiu con dignidade e a quen, a pesar das adversidades, nunca perderon a esperanza nun futuro mellor, porque como ben dicía Castelao: “Non enterraban cadáveres, enterraban semente de vencer”. Hoxe, máis que nunca, debemos dicir que a memoria histórica é un dereito de toda sociedade democrática e un piar fundamental para construír un futuro máis xusto e solidario”.

“O silencio ou a equidistancia ante feitos coma este tamén son unha forma de consentimento”, engadiu Pérez Barral, quen anunciou que se presentará unha proposta en pleno para condenar sen ambigüidades calquera expresión de intolerancia, violencia política ou nostalxia franquista”.

Dende o BNG trasladan a súa solidariedade á CRMH da Barbanza e ás familias das vítimas represaliadas, ao tempo que demanda que por parte da policía se esclarezan os feitos e se restitúa o monumento á maior brevidade posíbel.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.