Ana Martínez e Carlos Lorenzo, gañadores da Carreira Pedestre de Outes

18 Maio 2026

Ana Martínez e Carlos Lorenzo foron os gañadores da nova edición da Carreira Pedestre de Outes, nunha proba que volveu reunir a un elevado número de participantes e público. A competición deixou tamén como podio feminino a Mariela Mayo e Sandra Muñiz, e como podio masculino a Pablo López e Fernando Vázquez.

O Concello de Outes acolleu unha nova edición da Carreira Pedestre, na que Ana Martínez e Carlos Lorenzo se fixeron co primeiro posto nas súas respectivas categorías. A proba volveu contar cunha notable participación e consolidouse un ano máis como unha das citas deportivas máis destacadas do municipio.

Na clasificación xeral feminina, Ana Martínez foi primeira, seguida por Mariela Mayo, que acadou a segunda posición, e por Sandra Muñiz, terceira. Na categoría masculina, Carlos Lorenzo ocupou o máis alto do podio, acompañado por Pablo López, segundo clasificado, e Fernando Vázquez, terceiro.

O concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, participou na entrega xunto a Sara Caamaño e Andrés Pérez, ambos deportistas locais destacados. O edil subliñou “a gran acollida que tivo un ano máis esta iniciativa co alto número de participantes” e agradeceu “a todas as persoas que dunha maneira ou outra colaboraron desinteresadamente coa proba, a Protección Civil de Outes e tamén aos clubs deportivos, para que a carreira puidera levarse a cabo sempre nas mellores condicións”.

Caamaño concluíu que a carreira “é ano tras ano un éxito”, tanto pola resposta da veciñanza como pola implicación do tecido deportivo e voluntario do concello.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.