O Concello de Rois e o Consello da Cultura Galega impulsan unha exposición sobre a pandeireta galega

18 Maio 2026

O edificio multiúsos de Rois acollerá do 22 de maio ao 11 de xuño a exposición A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral, unha iniciativa organizada polo Consello da Cultura Galega e polo Concello arredor dun dos instrumentos máis representativos da tradición musical galega.

A programación inaugural desenvolverase o venres 22 de maio a partir das 18.00 horas coa presentación institucional a cargo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; do alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; e dos comisarios da exposición, Luciano Pérez Díaz e Suso Vaamonde Manteiga.

A continuación celebrarase unha sesión de relatorios centrada na transmisión dos coñecementos arredor da pandeireta, na súa evolución e nas novas formas de interpretación. Mercedes Autrán Romero ofrecerá a intervención O caso das pandeireteiras de Rois, centrada na experiencia dun grupo de nenas ás que unhas avoas cantareiras e unha mestra achegaron a música tradicional hai catro décadas. Durante a sesión tamén se presentarán gravacións orixinais que serán doadas ao Arquivo Sonoro de Galicia.

O programa incluirá ademais o relatorio A percusión de man no Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, impartido por Arturo Lamas Braña, e a intervención de Suso Vaamonde sobre O instrumento hoxe, centrada nas novas técnicas de interpretación, uso e enfoque dos toques tradicionais.

A sesión contará coa participación en directo da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes e permitirá coñecer os primeiros estudos acústicos realizados arredor do instrumento, que tamén pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia.

A mostra ofrece un percorrido arredor da historia, evolución e vixencia da pandeireta galega, un instrumento presente desde antigo na tradición musical popular e especialmente ligado ás cantareiras. A proposta aborda tamén a adaptación da pandeireta aos novos contextos musicais e culturais, así como a importancia de conservar e divulgar este patrimonio sonoro desde unha visión aberta ao presente e ao futuro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...