O aparcamento municipal de Boiro amplía o horario de apertura

28 Maio 2020

O Concello de Boiro amplía o horario de apertura do aparcamento municipal da Praza de Galicia, que se que se reducira durante o confinamento.
O novo horario que se establece será de 7.00 a 22.00 horas, de luns a sábado,
e estará aberto de xeito gratuíto mentres dure o Estado de Alarma.
No momento que se decretou o Estado de Alarma e o confinamento da
poboación, o Concello de Boiro decidiu reducir o horario de apertura do
aparcamento municipal e mantelo aberto de xeito gratuíto para facilitar aos
usuarios que facían as súas compras e evitar o contacto á hora de manipular
as máquinas de pago para minimizar os riscos de contaxio.
Coa evolución das fases do Plan de transición cara unha nova normalidade e a apertura dos comercios, o Concello de Boiro decidiu ampliar o horario de apertura do aparcamento municipal para facilitar o estacionamento
no centro de Boiro. Mentres dure esta situación de desescalada, o
aparcamento municipal será gratuíto e estará aberto, con vixilancia, entre as 7.00 e as 22.00 horas de luns a venres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.