A Pequena Romaría de Exipto reúne tradición, música e comunidade no CEIPP de Abanqueiro

15 Maio 2026

A “Pequena” Romaría de Exipto, organizada pola Comisión de Festas de Abanqueiro en colaboración co CEIPP de Abanqueiro, celebrouse esta mañá cunha ampla participación de alumnado, familias e profesorado nunha xornada dedicada a achegar às novas xeracións a historia e a tradición dunha das celebracións máis emblemáticas da parroquia.

Ao longo da mañá, o alumnado participou en obradoiros sobre cultura popular galega e sobre os elementos propios da Romaría de Exipto. Un dos momentos máis salientables foi a charla de Quin, que explicou ás crianzas a orixe e a evolución da romaría, poñendo en valor a súa importancia histórica e social tras máis de cen anos de existencia.

Tamén se impartiu un obradoiro de baile tradicional galego a cargo de Conchi Carro, onde os nenos e nenas aprenderon pasos e ritmos do folclore local de forma participativa e lúdica. A programación completouse coa presentación dun concurso de debuxos sobre a Romaría de Exipto, promovido coa colaboración do programa de RSC We Sea de Jealsa; os escolares dispoñen dos vindeiros días para entregar os seus traballos. Os debuxos gañadores formarán parte da próxima Folla Parroquial da Romaría de Exipto, que se editará durante a festa na primeira fin de semana de agosto, e todos os traballos quedarán expostos no Monte de Exipto durante esas datas.

A xornada rematou cunha merenda para todos os asistentes, con empanadas doadas por Chicolino e froita cedida por Mi Frutería, un exemplo do apoio do tecido empresarial local ás iniciativas da Comisión de Festas. Desde a organización agradecéronse a implicación do CEIPP de Abanqueiro, do profesorado, das familias e das persoas colaboradoras, así como o patrocinio das empresas participantes e o labor das persoas encargadas dos obradoiros.

A Comisión de Festas de Exipto continúa co programa de actividades previas á romaría, entre as que figura a Foliada de Exipto, que se celebrará o 30 de maio no Centro Social de Abanqueiro a partir das 19.30 horas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...