Ribeira volverá gozar da música ao abeiro da Aula Galega deSaxofón

14 Maio 2026

A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música “Enrique Paisal” neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros espazos de música da
xeografía galega.

“O noso Conservatorio goza de gran actividade e número de alumnado, o que demostra que Ribeira é terra de músicos. Por iso, dende o Concello continuamos apostando por achegar formación profesional nesta materia, contando con músicos de relevancia internacional. Ademais, en vindeiras datas rematará o ciclo de frauta e o de música antiga”, manifestou a concelleira de Educación, Nucha Brión, na compaña do director do Conservatorio, Álvaro López, e do secretario, José Fungueiriño.

O perfil é de estudantes do grao profesional e superior que teñen unha inquedanza por completar a formación que reciben no seu centro con outro profesorado de relevancia internacional que desenvolve a súa actividade fóra de Galicia.

Nesta fin de semana, o alumnado ofrecerá unhas audicións para poñer punto final ao segundo cuadrimestre, correspondente aos meses de febreiro a maio, na que tamén participarán o mestre de saxofón, Xabier Casal, do Conservatorio Superior das Illas Baleares, con Takahiro Mita como pianista acompañante, do Conservatorio Superior de Música de Aragón. A música soará no sábado, 16 de maio, ás 19.30 horas, e o domingo, 17 de maio, ás 18.00 horas, no salón de actos.

Tamén haberá soporte técnico a cargo de Roi Barros, como colaborador da actividade, quen asumirá pequenos arranxos nos saxofóns do alumnado que o precise.A maiores, na tarde de hoxe, 14 de maio, ofrecerase unha audición de piano, ás 19.00 horas.

Aberta a matrícula para as probas de acceso

Este xoves, 14 de maio, ás 20.15 horas, haberá unha reunión informativa arredor das probas de acceso ao Conservatorio, que será no propio salón de actos. Xa está aberto o prazo de matrícula para o Grao Elemental e Profesional; trámite que se poderá formalizar ata o 22 de maio. No que respecta ao calendario de probas, no 10 de xuño, a partir das 16.00 horas, estará orientado ao 1o Grao Profesional e, no 11 de xuño, dende as 16.30 horas, para o 1o Grao Elemental. Nos días 17 e 18 de xuño haberá probas para cursos distintos ao primeiro das 16.00 horas en diante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.