O público de Ribeira desfrutará do festival do folclore de Tahúme no 16 de maio

13 Maio 2026

O Concello de Ribeira continúa coa programación do Maio Cultural, onde hai tamén oco para o folclore cunha programación que pon o foco na lingua e letras galegas. Así, Tahúme celebrará o IX Festival Nacional de Folclore “Entre folclores” no sábado, 16 de maio, ás 19.00 horas, no novo Auditorio municipal. No encontro participarán o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, de Ribeira; o Grupo de Coros y Danzas Hermita Nueva, de Sangonera la Verde, Murcia; e a Asociación Cultural Traspés, de Vigo. Haberá, ademais, mención de honra ás Pandereteiras de Anxeriz, de Tordoia.

“Como antesala ao Día das Letras Galegas, teremos unha xornada dedicada en exclusiva ao noso folclore, á nosa identidade. Aquí converxerá a tradición galega coa murciana con máis dun cento de participantes que subirán ao escenario para demostrarnos o seu talento neste Maio Cultural. Unha actividade máis que segue consolidando o noso novo Auditorio municipal como buque insignia da cultura”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A edil tamén tivo palabras de agradecemento para Tahúme polo seu “seu traballo a prol da nosa música e do noso baile, erixíndose como unha entidade con gran dinamismo dentro do noso tecido asociativo cultural. É un orgullo ver a vitalidade da que goza Ribeira nesta materia”.

Na presentación tamén participaron a presidenta de Tahúme, Manuela Ayaso, e as vogais, Vanesa Lago, María José Núñez e Luísa Pinazas.
O acceso ao festival é libre ata completar o aforo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.