Os Premios PEL da Deputación da Coruña baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas

13 Maio 2026

A oitava edición dos Premios PEL, os galardóns da Deputación da Coruña ás mellores e máis innovadoras iniciativas empresariais da provincia, bate este ano récord de participación con 145 candidaturas presentadas.

O prazo de presentación rematou de feito este 12 de maio “cunha cifra que confirma a consolidación destes premios como un referente no recoñecemento ao talento emprendedor, á capacidade innovadora e á contribución das pequenas e medianas empresas, microempresas e profesionais autónomos/as ao desenvolvemento económico e social da provincia”, en palabras da Deputación, que reforzou nesta convocatoria o seu apoio ao tecido empresarial máis próximo á cidadanía, cunha dotación total de 80.000 euros destinada a recoñecer proxectos empresariais que destacan “pola súa traxectoria, pola súa aposta pola sostibilidade, pola súa implantación no territorio e polo seu carácter singular”.

As candidaturas presentadas concorren ás catro categorías principais dos premios. Un total de 28 novas empresas optan ao galardón á mellor iniciativa emprendedora; 38 candidaturas aspiran ao recoñecemento á mellor traxectoria empresarial; 26 proxectos preséntanse á nova categoría de territorio sostible e 40 iniciativas concorren ao premio destinado a recoñecer as propostas empresariais máis singulares.

Ademais, os membros do xurado rexistraron 13 candidaturas na categoría honorífica, que este ano estará dedicada ás iniciativas transformadoras do rural. Esta mención terá carácter honorífico e non levará asociada dotación económica.

Cada unha das catro categorías principais contará, con carácter xeral, cun premio de 20.000 euros. As bases contemplan tamén a posibilidade de conceder accésits cando a diferenza de puntuación entre as dúas mellores candidaturas sexa mínima. Nese caso, o primeiro premio pasaría a estar dotado con 15.000 euros e o accésit con 5.000 euros.

Gala de entrega no Coruña Estudo Inmersivo

Unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado de expertos avaliará estas semanas os proxectos concorrentes e seleccionará as empresas, microempresas e profesionais autónomos/as gañadores desta oitava edición.

A gala de entrega dos Premios PEL 2026 celebrarase o mércores 19 de xuño no Coruña Estudo Inmersivo (CEI), situado na Cidade das TIC da Coruña. O acto desenvolverase en horario de tarde e reunirá representantes do tecido empresarial, social e institucional da provincia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.