Xa podemos formalizar a inscrición na nova edición da Andaina Nocturna “A Santa Compaña”

12 Maio 2026

Comezou a preparación da nova entrega da Andaina Nocturna de Terror “A Santa Compaña”, un clásico das camiñadas deportivas que xuntan actividades ao aire libre, cultura, lecer e diversión. A andaina celebrarase o 15 de agosto en Rianxo, con saída ás 23.00 horas dende Campo Maneiro (Taragoña). Quen precise máis información ou formalizar a súa inscrición ten que visitar a web Rockthesport.com.

Organiza a Sociedade Deportiva Barbantia Roda coa colaboración do Concello de Rianxo.

Celebrarase novamente en horario nocturno: das 23:00 horas ás 2.30, aproximadamente. As persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto. Serán 8 quilómetros de percorrido “polos camiños máis sombríos”. Cómpre levar lanterna e calzado axeitado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...