“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

12 Maio 2026

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi “Cantinflas”, quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a bordo dun cruceiro de luxo neerlandés, souberon das incertezas dun virus que, grazas ao presidente canario, relacionaremos xa indeleblemente co que, supostamente, personificará o maior ridículo perpetrado por un político que, con permiso, gañaba máis calando os medos e os intereses partidistas que expoñendo as máis peregrinas ideas en torno ás capacidades natatorias dun ratiño rabilongo quen de transmitir un mal que só se presupoñía noutra especie de roedor. 

Canarias xa sabe a quen ten e pode cantar unha isa a carón dun plataneiro ollando ao mar  con nostalxia, sabedores os descendentes dos guanches de que Cabo Verde non era o lugar propicio para atender aos pasaxeiros e tripulantes do buque “MV Hondius” afectados ou ameazados de o ser polo hantavirus. 

Quen mandaría ao dirixente canario falar do rato rabilongo arxentino transmisor dese virus supostamente capacitado para se guindar ao mar desde o impoluto cruceiro devorador de millas mariñas, programado para visitar lugares descoñecidos nos que cento e medio de pasaxeiros de 23 países -entre eles 14 españois- poder fotografar ou filmar escenas inéditas nas súas vidas para gardar in memoriam, amén?. 

A nada doada volta a casa dos cruceiristas marcada por hantavirus e PCR, illamentos e hospitais, desputas políticas na percura dun “quítate ti, que me poño eu”, médicos especialistas e toda caste de virólogos e estudosos, vai estar para sempre subliñada por esa figura de ratiño nadador que ninguén, nunca, viu cubrir a distancia de 250 metros de mar para chegar a terra e transmitir aos tinerfeños ese virus do inferno que o presidente das Illas Canarias fixo nadar na abundancia da súa fantasía trasnoitada.

Que grande oportunidade perdida por non estar calado!.

Aprenderemos algún día?.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.