O Concello de Ribeira destina 100.000 euros para os bonos AmaRibeira que buscan fortalecer o comercio local

11 Maio 2026

O Concello de Ribeira saca novamente os bonos AmaRibeira destinando 100.000 euros dentro do plan de fortalecemento do pequeno comercio local. “Cremos que é unha boa medida para dinamizar a economía local e fortalecer o noso pequeno comercio”, sinalou a alcaldesa, María Sampedro, na presentación.

Engadiu que “o Concello de Ribeira fai un importante esforzo económico e loxístico para que a nosa cidadanía dispoña dunha medida que lle permita comprar nos establecementos de proximidade gozando dun desconto máximo de 30 euros, mentres que o noso tecido empresarial ve como se revitalizan as ventas previa á época estival. É unha contía de 100.000 euros para fortalecer o pequeno comercio. Son cartos invertidos en e para Ribeira. Temos un comercio de proximidade do que sentirnos orgullosos e esta tamén é unha forma potencialo”.

Na rolda de prensa, na que tamén participaron a concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, e o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, sinalouse que este 11 de maio abre o prazo para que os establecementos interesados se adhiran a esta campaña de bonos QR a través da páxina web www.amaribeira.gal, rexistrando a información requirida.

O prazo de adhesión ao programa permanecerá aberto ata o 7 de xuño; data de finalización da execución do programa dos bonos. Oslocais que se sumen á iniciativa figurarán na referida web.

Funcionamento dos bonos

Cada persoas beneficiaria disporá dun único bono cun saldo máximo de 30 euros, que poderá ser usado nos comercios adheridos mediante unha, dúas ou tres compras. O período de validez abrangue dende o 14 de maio ata o 7 de xuño.

O desconto será de 10 euros por cada 30 euros de compra, ata un máximo de 30 euros de desconto. A descarga dos bonos será mediante a páxina web www.amaribeira.gal no 14 de maio, ás 09.00 horas. Dito bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñíbel para a súa utilización a través de aplicacións de descarga gratuíta tipo Wallet ou similares. Opcionalmente, poderase solicitar presencialmente na oficina de Turismo para obter en papel o código QR.

A maiores, dende a patronal ribeirense repartiranse 3.500 tíckets de aparcamento.

Bases completas en www.ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.