O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

09 Maio 2026

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro.

“Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na presentación da proba xunto á alcaldesa, María Lago, e o presidente da Asociación Deportiva Os Salta Rejos, Ramón Fontaíña.

María Lago animou “á veciñanza de Esteiro a participar ou asistir á proba, xa consolidada no calendario deportivo da comarca e que mestura deporte e natureza”.

As inscricións deben facerse en www.cronotec.es e a saída será ás nove da mañá.

Indicar que BTT son as siglas de Bicicleta Todo Terreo, o termo en galego para referirse ao que se coñece como MTB (Mountain Bike) ou ciclismo de montaña. É unha disciplina ciclista que se practica en terreos naturais, camiños de terra, sendeiros e roteiros de montaña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.