O peirao de Cabo de Cruz acolle esta fin de semana competición de traiñeiriñas e remo veterano

08 Maio 2026

O Peirao de Cabo de Cruz acolle esta fin de semana dúas citas co remo organizadas polo Club de Remo Cabo de Cruz coa colaboración do Concello de Boiro e da conserveira local JEALSA. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto co presidente do Club de Remo, Luís Piñeiro, e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

O domingo celebrarase a I Bandeira de Traiñeiriñas Concello de Boiro que será a partir das 10.30 horas. “Trátase dunha competición de carácter autonómico e na que está previsto que participen máis de 70 barcos que congregarán a preto de 500 deportistas”, recoñeceu o presidente do Club de Remo.

Previamente a iso, o sábado a partir das 16.30 horas disputaranse a VI Bandeira Veterana feminina We Sea e a IV Bandeira Veterana masculina We Sea. A directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, puxo en valor o traballo destas tripulacións “que practican un deporte duro pero no que prima o compañeirismo e valores como o esforzo e o traballo en equipo que son o que promovemos dende JEALSA”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a “desfrutar de dúas xornadas do deporte do remo no noso pobo” e recoñeceu que “estamos moi contentos de seguir sumando ao noso calendario deportivo probas de gran nivel e que promoven o deporte base como esta liga de traiñeriñas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.