O Club da Sostibilidade de APD reúnese en Amicos para coñecer o seu modelo de inclusión e protección ambiental

07 Maio 2026


O Centro de Atención Integral de Amicos (Boiro) acolleu este xoves, 7 de maio, a última sesión do Club de Sostibilidade da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), un espazo no que directivos e responsábeis de distintas empresas comparten de maneira periódica reflexións, experiencias e inquedanzas vinculadas á sostibilidade e ao impacto social das súas organizacións.

A sesión permitiu a unha vintena de representantes empresariais coñecer de primeira man o modelo de intervención que Amicos desenvolve nos ámbitos social, laboral e medioambiental, así como os distintos proxectos que a entidade impulsa para favorecer a inclusión e a autonomía das persoas con discapacidade e/ou en situación de vulnerabilidade.

A xornada comezou cun percorrido polo Centro de Atención Integral, onde os asistentes puideron achegarse ao funcionamento do Centro de Día, o Centro Ocupacional e o Fogar Amicos.

Durante a visita, coñeceron a metodoloxía centrada na persoa coa que traballa a entidade, así como as actividades de libre elección que permiten adaptar os apoios ás necesidades, intereses e proxectos de vida de cada persoa.

Asemade, os directivos tiveron ocasión de descubrir as distintas áreas de actuación da entidade, incluíndo os programas de formación e emprego que Amicos desenvolve para mellorar a empregabilidade e fomentar a vida autónoma das persoas participantes.Un dos momentos máis destacados da sesión chegou da man dos activistas medioambientais de Amicos, persoas con discapacidade intelectual especializadas en restauración de ecosistemas mariños, que foron os encargados de presentar os proxectos de sensibilización e recuperación ambiental que lideran.

Neste contexto, o grupo visitou o laboratorio de macroalgas da entidade, onde se preparan especies destinadas á recuperación dos fondos mariños como as laminarias, fundamentais para favorecer a biodiversidade e a rexeneración dos ecosistemas submarinos.

A experiencia completouse cunha xornada de restauración ambiental nas augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de
Galicia, na que os participantes colaboraron na solta de soportes de laminaria, contribuíndo directamente á recuperación da biodiversidade mariña.

Esta acción permitiu aos asistentes coñecer en primeira persoa o impacto ambiental destes proxectos e o papel activo que desempeñan as persoas con discapacidade intelectual na súa execución, combinando inclusión social, formación especializada e compromiso co territorio.

A celebración desta sesión do Club de Sostibilidade en Amicos “reforza a conexión entre o tecido empresarial e o ámbito social, favorecendo o intercambio de experiencias e abrindo novas vías de colaboración orientadas á construción dunha sociedade máis inclusiva, respectuosa co medio natural e comprometida co seu entorno”, sinalaron dende a asociación inclusiva do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.