O MUGART colabora cos seus fondos en dúas importantes exposicións en Salamanca e Ausburgo

07 Maio 2026

O Museo do Gravado de Artes (MUGART) colaborou estes días en dúas importantes actividades de cariz internacional.

Por unha banda, facilitou cos seus fondos, no Museo del Grabado de Santa Marta (Santa Marta de Tormes, Salamanca), unha exposición de gravados e litografías de Oswaldo Guayasamín (1919-1999), dende o 4 de maio ata o 4 de setembro. A inauguración celebrouse este luns 4, e contou coa presenza de Juan Carlos Bueno, concelleiro de Turismo; Antonio Navarro, director do Museo del Grabado de Santa Marta de Tormes; David Mingo, alcalde de Santa Marta e Deputado de Cultura de León; José Fuentes, comisario da exposición e Silvia González, concelleira de Cultura de Santa Marta.

Oswaldo Guayasamín nace en 1919 en Quito (Ecuador), de pai indio e nai mestiza, o que o leva a unha tendencia introspectiva para buscar as súas raíces, o seu pasado e a súa historia. Morre en Baltimore en 1999. Artista comprometido contra a inxustiza social, a súa arte amosa un singular valor simbólico centrado na loita dun pobo pola liberdade, o que se manifesta na súa plástica xa dende 1944 coa serie Huacayñan (en quechua “o camiño do llanto”), onde describe as culturas e crenzas dos países andinos. En 1961 comeza a serie A idade da ira, con máis de 5.000 debuxos e 250 lenzos, resumo da súa estética expresionista, con fortes xogos das cores primitivas para amosar a desolación humana. Nos anos oitenta xérase a serie A idade da tenrura, amosando a harmonía do home co home.

Ademais, o Museo do Gravado de Artes colabora coa exposición Goya & Dalí im Dialog, no Castelo de Wernigerode (Ausburgo – Alemaña), que se inaugurou este mércores 6 de maio e ficará visitábel ata o 1 de novembro. Participaron na inauguración: Tobias Kascha, alcalde maior da cidade de Wernigerode e presidente do Consello asesor do Schloß Wernigerode GmbH; Dr. Christian Juranek, director xerente da Schloß Wernigerode GmbH; Dr. Christof Trepesch, director xerente dos Museos e Coleccións de Arte de Aussburgo, Javier Expósito Paradela, vicepresidente da FMAG e a tradutora Marie Gaté-Stallfort.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...