O Concello de Boiro convoca as bolsas para deportistas federados do ano 2026

07 Maio 2026


O Concello de Boiro convoca unha nova edición das bolsas a deportistas federados do municipio, unha liña de axudas dotadas de 9.750 euros. O prazo de solicitudes abrirá este venres 8 de maio e por un prazo de dez días hábiles.

Esta liña de axudas forma parte das distintas accións que o Concello de Boiro leva a cabo para a promoción do deporte e ten como obxectivo “recoñecer o esforzo e dedicación que leva aparellada a práctica deportiva de moitos dos deportistas do municipio para progresar nas súas respectivas modalidades”.

Para poder participar desta convocatoria será requisito estar empadroado; ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2025; dispoñer de licencia federativa en vigor; ter participado na tempada precedente en campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior, convocatorias das seleccións galega ou española, probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos ou campionatos oficiais absolutos de liga da 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade; e non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo.

As bases da convocatoria e toda a información sobre o proceso están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.