A ANPA Santa Uxía prepara unha gran festa das Letras Galegas para o venres 15 no patio do CEIP O Grupo

06 Maio 2026

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira preparou un completo programa cultural e festivo para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora viguesa Begoña Caamaño. A asociación de nais e pais festexará a nosa cultura o venres 15 de maio no patio exterior do colexio, dende as 17.00 ata as 20.30 horas. O programa inclúe diversas actividades de animación, divertimento, xogo e música para cativada de 3 a 13 anos acompañados das súas familias, incluíndo merenda con carrapito, zumes e augas.


Manolo Sieira, Luis Parada, Sabela Cuñarro, Noelia Cuevas e Unai González; respectivamente vogal, vogal, secretaria, vicepresidenta e presidente da ANPA

A actividade é gratuíta para socias e socios da ANPA, pero tamén poden asistir non socios/as aínda que terán que pagar unha entrada de 5 euros co obxectivo de axudar ao financiamento das actividades que organiza directa e integramente a entidade escolar. Tamén as familias que queiran poderanse facer socios na propia actividade e entrar de balde.

É a primeira vez que dende a ANPA organízase unha actividade así para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Begoña Caamaño. Haberá inchábeis variados de gran tamaño, música e animación con monitorado de tempo libre, obradoiros de globoflexia e chapas conmemorativas do Día das Letras, xogos populares como birlos, zancos, chave, bolas, ra… Tamén haberá unha actuación de Pakolas co espectáculo Ramona Orbita ás 19:30 h e todos os asistentes terán unha merendiña con rosca, zume e augas.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación da Coruña na súa liña de subvencións anuais, ademais do propio colexio o grupo que nos presta as instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.