O Ciclo Primavera trae a Rianxo ao Dúo Aira e ao Lucus Esemble

04 Maio 2026

O Ciclo Primavera da Área de Cultura de Rianxo, edición 2026, volve este mes de maio coa mellores agrupacións novas de música clásica e tradicional.

O venres 8 de maio será a quenda do Dúo Aira, integrado por Aitana Alcalde (fagot) e Aldara Muíños (clarinete). A actuación dará comezo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal de Rianxo. A entrada será de balde ata completar a capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo dous por persoa).

O Ciclo Primavera proseguirá o 23 de maio, cun concerto de Lucus Esemble baixo o epígrafe Percorrendo Castelao. O concerto dará comezo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Será de balde ata completar capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoas). O Esemble está formado por trece músicos procedentes dos ámbitos do jazz e da música clásica. A formación inclúe violín, violoncello, contrabaixo, piano, percusión, frauta, fagot, dous clarinetes, saxofón, gaita e dúas voces. En Rianxo, terra de Castelao, presentan un repertorio co que homenaxean a figura do autor de Cousas e Os dous de sempre no 75 aniversario do seu pasamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...