O alumnado de 1ª curso da ESO celebrou o Día Contra o Acoso Escolar con creatividade

04 Maio 2026

As alumnas e alumnos de 1º curso da ESO do IES Nº1 de Ribeira, xunto con Ramón Molina, educador social e responsábel do Programa de Convivencia Positiva e Prevención do Acoso Escolar organizado pola ANPA Caramecheiro (organizado coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero), presentaron a súa campaña de sensibilización contra o acoso escolar.

Dita campaña, foi elaborada polo propio alumnado durante varias semanas, e foi difundida non só dentro centro educativo senón tamén a través das redes sociais, grazas as creatividades animadas que estes prepararon e que foron proxectadas durante este acto.

Eles mesmos elixiron, entre os 28 lemas propostos polos seus compañeiros, aos 3 gañadores cos que crear as creatividades animadas. Un por cada categoría:

⁠Mensaxe para potencial alumnado acosador: Bro, a violencia é cargosa.

⁠⁠Mensaxe para potencial alumnado observador: Non é un xogo… é acoso. 

⁠⁠Mensaxe para promover o punto laranxa: O teu silencio é máis sufrimento.

Asemade, os seguintes 8 lemas máis votados formaron parte da celebración da efeméride do día 2 de maio, o Día Mundial Contra o Acoso Escolar. Así, elaboráronse carteis con eses lemas, que o propio alumnado dispuxo naqueles puntos do centro educativo que consideraba que viñan sendo os máis propicios para que as súas mensaxes cheguen a quen van dirixidas.

A creatividade xerada pola campaña pódese visualizar no Facebook da ANPA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...