O Concello de Muros acondiciona a contorna do Pavillón de Miraflores e do Campo de Fútbol Eleuterio Balayo

03 Maio 2026

O Concello de Muros continúa co plan de mantemento e posta a punto das zonas verdes do municipio.

Nestes pasados días leváronse a cabo traballos de roza e limpeza dos xardíns e dos accesos ao Pavillón de Miraflores e ao Campo de Fútbol Eleuterio Balayo, co obxectivo de mellorar o estado destes espazos e facilitar o seu uso.

Trátase dunha actuación planificada pola Concellería de Obras e Servizos e executada por unha empresa externa, co fin de avanzar de maneira áxil no acondicionamento dos espazos públicos.

A concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira, sinalou que “estes traballos permiten manter en boas condicións unhas instalacións moi utilizadas pola veciñanza, garantindo espazos máis seguros, accesibles e agradables para o seu uso diario”.

Os traballos continuarán nas vindeiras semanas noutras zonas do concello, engadiu a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.