O BNG insta á Xerencia da Área Sanitaria a reunirse coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza

01 Maio 2026

A deputada no Parlamento Galego do BNG, Rosana Pérez, vén de instar á Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza e á Dirección do Hospital Comarcal do Barbanza a manter, “con carácter inmediato”, unha reunión coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que leva máis dunha semana en peche no hospital á espera de seren recibidos. A formación nacionalista di que “xa pasaron 818 días desde que as e os responsábeis da plataforma pediron por primeira vez un encontro co xerente da área e o director do hospital”. Así mesmo, sinala que “no pasado mes de xaneiro a Plataforma xa se desprazou até as portas da Consellaría de Sanidade para reclamar unha reunión co conselleiro, sen obter resposta”.

Segundo Pérez, a Plataforma reclama cuestións “tan básicas como unha reunión”, así “como medidas urxentes para mellorar a atención sanitaria na comarca”. Entre as súas demandas destacan “o incremento do persoal médico e a necesidade de contar con listas de espera transparentes, nas que se inclúan tamén as segundas consultas cos especialistas, ao considerar que forman parte da realidade asistencial que sofre a veciñanza”.

A deputada do BNG presentou no Parlamento galego unha petición para que, a través da Xerencia da Área Sanitaria e da Dirección do Hospital do Barbanza, se reciba ás representantes da Plataforma concentradas desde o pasado 21 de abril. O obxectivo deste encontro, dixo, “sería trasladarlles información detallada sobre as listas de espera reais do centro —incluíndo as segundas consultas— así como as medidas previstas para reducilas”. Engade que “esta iniciativa enmárcase nunha proposta máis ampla do grupo parlamentario do BNG para mellorar a situación sanitaria na comarca do Barbanza”, que cualifica de “insostíbel”. Entre outras medidas, o grupo reclama a cobertura estábel do 100% das prazas de persoal facultativo nos centros de saúde, a ampliación dos horarios dos PAC e a dotación de máis especialistas no hospital comarcal, especialmente nas áreas con maiores listas de espera. Ademais, advirten de “que a situación lonxe de mellorar, agravouse nos últimos meses” e poñen como exemplo a saturación do PAC de Ribeira, que “actualmente debe asumir tamén parte da poboación do Porto do Son durante as fins de semana, o que incrementa a presión asistencial e empeora a calidade do servizo”, sinala.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.