O Lustres Rivas de Ribeira acolle unha trintena de obras da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

01 Maio 2026

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle unha nova exposición ao abeiro da programación do Maio Cultural: a XV edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, formada por preto de 30 obras. A Bienal é unha mostra itinerante que percorrerá once municipios galegos e portugueses, sendo Ribeira a cuarta parada deste periplo pola arte contemporánea na que se une a creación dos pobos galego e do norte de Portugal.

Sirve, polo tanto, como unha plataforma de visibilidade para artistas emerxentes e consagrados, revelando novas perspectivas e linguaxes para relatar sobre o lenzo o mundo no que vivimos.

Durante a súa intervención no acto inaugural celebrado na tarde deste xoves 30 de abril, e introducido polo xestor cultural do Concello, Unai González, a segunda tenente de alcaldesa, Herminia Pouso, explicou que o Concello de Ribeira participa nesta iniciativa dende a súa creación hai 30 anos, “como membro activo deste organismo de cooperación transfronteiriza para poñer en valor a eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e os lazos culturais que unen ás nosas comunidades. Aquí podemos contemplar o gran potencial artístico que temos nos territorios do Eixo Atlántico a través das distintas formas de expresión e que dan boa mostra da creatividade, tanto dos artistas emerxentes como dos consagrados, aos que agradecemos a súa participación neste certame”.

De feito, pódense contemplar o primeiro premio, Sobre a liberdade de Ser, de Acácio Viegas; o segundo, Rompiendo límites, de Javier Pena; o galardón a novos talentos, O que vi, de Afonso António; e as mencións de honra, Lamento polos Antigos Mestres e (Des)fragmentado, de Esther Moe Dowson e Rodolfo Lopes, respectivamente.

Tamén falou Emma Ben, do departamento de programas do Eixo Atlántico para agradecer que Ribeira sexa novamente parada desta exposición que, nesta ocasión, conta cun total de 28 obras das 180 presentadas.

Unha das artistas seleccionadas para esta exhibición artística, Mareiras, coa obra No me mires, déjalo ya, destacou a oportunidade que supón esta Bienal para establecer sinerxías entre creadores galegos e portugueses, ademais doutras nacionalidades, pero afincados neste Eixo Atlántico.

Ademais, a edil lembrou ao artista Antonio Miranda, de Barcelos, recentemente falecido, “do que aquí podemos contemplar a súa peza con elementos de madeira sobre cartón titulada Todos diferentes, todos iguais”.

As visitas pódense realizar ata o 30 de maio, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ademais dos sábados, desde as 10.00 ata as 14.00 horas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.