O Real Club Náutico Portosín acollerá o Campionato de España de ILCA Máster con figuras olímpicas da vela

29 Abril 2026

O Real Club Náutico Portosín converterase do 8 ao 10 de maio no epicentro da vela nacional coa celebración do Campionato de España de ILCA Máster, unha cita que reunirá na ría de Muros e Noia a algúns dos mellores regatistas veteranos do panorama internacional.

O evento, organizado pola entidade portosinense, contará coa participación de destacados deportistas, entre eles campións olímpicos e membros históricos do equipo nacional. Entre os nomes máis salientables figuran José Luís Doreste, ouro en Seúl 1988; José María van der Ploeg, ouro en Barcelona 92; e Miguel Noguer, campión olímpico en Moscova 1980, ademais doutros regatistas de ampla traxectoria. Ata o momento xa se formalizaron arredor de 65 inscricións.

Foto Juan Caballero

A competición desenvolverase nas augas da ría de Muros e Noia, que xa acolleron esta proba en 2021, consolidándose como un escenario de referencia para a vela. O campionato arrancará o 7 de maio coas medicións e confirmación de participantes, antes do inicio oficial das regatas.

Durante a presentación oficial, celebrada no salón principal do club, o comodoro Miguel Reboreda destacou o alto nivel dos participantes e subliñou que “é tamén unha homenaxe ao deporte máster”, incidindo no valor da experiencia e da paixón polo mar que caracteriza aos regatistas desta categoría.

Pola súa banda, a directora territorial da Xunta, María del Mar Ferreiro, puxo en valor o peso de Galicia no ámbito da vela, lembrando que é unha das comunidades con maior número de deportistas de alto nivel. Ademais, salientou a capacidade organizativa do Real Club Náutico Portosín para acoller unha cita destas características.

O director deportivo do club, Sergio del Río, incidiu no perfil dos participantes, destacando a diversidade de idades, con rexatistas que incluso superan os 80 anos, e asegurou que “máis alá da competición, veñen movidos pola paixón polo mar”.

O campionato estrutúrase en diferentes categorías segundo a idade dos participantes, desde Aprendiz Máster (30-44 anos) ata Legends, para maiores de 75 anos, tanto nas clases ILCA 6 como ILCA 7.

Pola súa banda, o Concello de Porto do Son reafirmou o seu apoio ao deporte, tanto na base como na categoría máster, destacando a importancia deste tipo de eventos para a promoción deportiva e turística da zona.

Con esta cita, Portosín reforza a súa posición como referente na organización de eventos náuticos de alto nivel, ao tempo que pon en valor o potencial da ría de Muros e Noia como escenario privilexiado para a práctica da vela.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.