O Concello de Boiro executa obras de renovación do pavimento nun camiño na costa de Espiñeira

29 Abril 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo obras para a mellora dun camiño peonil na situado na parte alta da renovada vía da costa de Espiñeira. O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, visitaron este mércores 29 de abril o lugar para coñecer o desenvolvemento das obras.

Explicaron que se trata dun camiño moi empregado polo alumnado do IES Espiñeira para desprazarse ao mesmo e que conta cun firme moi degradado e que dificulta o tránsito polo mesmo debido á pendente natural do mesmo. “Esta é unha pequena obra pero resulta necesaria debido ao tránsito de persoas que a diario usan ese camiño”, afirmou o alcalde.

As obras, que ascenden aos 17.847,50 euros, contemplan a renovación do firme así como a dotación do mesmo con alumeado público para mellorar a seguridade dese tramo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...