O BNG esixe medidas urxentes de seguridade nas obras da autovía do Barbanza

28 Setembro 2026

Rosana Pérez denuncia a «tortura» que sofren os condutores polo peche de accesos e a mala sinalización

A deputada do BNG Rosana Pérez presentou no Parlamento galego unha batería de iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as incidencias derivadas das obras na AG-11. Malia recoñecer que os traballos iniciados en abril son necesarios, cualificou a situación actual de «tortura diaria» para os milleiros de persoas que empregan a autovía do Barbanza.

A parlamentaria denunciou a deficiente sinalización, especialmente de noite, e a falta de información previa sobre os desvíos. Isto obriga aos vehículos a buscar alternativas pola estrada AC-305, tamén afectada por obras. Segundo expuxo, a adxudicataria corta tramos extensos e pecha varias saídas consecutivas á vez —como ocorreu este mes na Pobra e Palmeira—, o que ademais bloquea o paso a servizos como as gasolineiras.

Pérez alertou tamén do perigo derivado de conos desprazados ou restos na calzada que xa provocaron algún accidente. Por iso, o BNG reclama ao Goberno galego que aumente a vixilancia sobre as obras, obrigue á empresa a minimizar molestias e depure responsabilidades se non cumpre co contrato.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.