Continúan as protestas e o peche no Hospital do Barbanza (oitava noite)

29 Abril 2026

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza levou a cabo esta noite pasada o seu oitavo día de peche no Hospital do Barbanza. Ademais, contabilizaron 818 días desde que solicitaron por primeira vez unha xuntanza co xerente da Área Sanitaria Santiago-Barbanza e o director do Hospital da Barbanza para, segundo sinala a plataforma, “falar das listas de espera reais, ou sexa a espera para consultas de revisión ou probas diagnósticas que se solicitan nas consultas de revisión, e das primeiras ordinarias (non da media de primeiras urxentes, preferentes e ordinarias), así de como abordar a súa diminución”.

Lembran tamén que este xoves 30 de abril, como último xoves do mes, haberá unha nova concentración ás 12 diante do Centro de Saúde de Ribeira.

O colectivo reclama transparencia nas listas de espera e medidas reais para reducir os tempos de atención.

Denuncian “as prolongadas demoras na agarda en atención especializada” e esixen, como dixemos, unha xuntanza co xerente da Área Sanitaria e co director do Hospital do Barbanza.

O peche comezou o pasado martes 21 a xeito de concentración matinal de seis horas e prolongouse logo coas quendas do peche indefinido. Acordouse amplificar as reivindicacións ante “o silencio respecto da petición dunha reunión”. Segundo advertiu a plataforma, o peche “continuará até que se reúnan co xerente da área sanitaria e co director do hospital para falar das listas espera reais e como abordar a súa dimensión”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...