“Catro patas para un banco de alugueiro: adeus esperanzas” – Antón Luaces

29 Abril 2026

Milleiros de persoas que viven de alugueiro en Galicia contemplan con desespero un ceo que fala nidiamente de retroceso, de volta aos días malos, ás horas perdidas, aos sonos demorados: votos en contra do PP, VOX e Junts, a abstención do PNV e a política na corda frouxa poñen remate ás posibilidades -escasas xa eran- do PSOE de aguantar esta lexislatura na que Sumar tamén vai ao seu cando non  ao chou.

O Congreso dos deputados foi o escenario no que, onte pola tarde, o Goberno protagonizaba unha nova derrota parlamentaria: o decreto que prorrogaba a prohibición de suba dos alugueiros impulsado por Sumar, quedou en augas de borralla abrindo fendas ben fondas no bloque de Goberno  e afortalando o conformado por PP, VOX e Junts, co PNV xogando ao chou coa a abstención.

Resultado: 177 votos en contra do real decreto,166 a prol e 5 abstencións. Curta vida para unha esperanza: os inquilinos que reclaman a prórroga dos seus contratos de alugueiro quedan ao albur do que os seus caseiros decidan no futuro sempre incerto do seu devir, porque o “traxe” do xastre que deseñara o acordo PSOE-Sumar, rebentou polas costuras.  

 O ministro de Consumo e Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy,  deixouno claro: “O que se vota é protexer a tres millóns de persoas ou deixalas á súa sorte”, referíndose á poboación española afectada polo decreto. Este prorrogaba ata dous anos os contratos de alugueiro da vivenda cotiá e limitaba ao 2% a actualización anual da renda en resposta ás consecuencias económicas da guerra de Irán. A derrogación abre agora un escenario de incerteza para os inquilinos  que xa tiñan solicitada a prórroga durante o mes que ese decreto estivera vixente. Os tribunais serán os que resolvan, 

Será porque os españois teñen que ir primeiro, como preconizan PP, VOX e Junts?. Canto aprenderon estes do “trumpismo”. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.