Este mércores celébrase no Centro Social unha charla informativa sobre a regularización extraordinaria de inmigrantes

28 Abril 2026

O Centro Social de Boiro vai dar acollida este mércores 29 de abril a unha charla sobre a regularización extraordinaria de inmigrantes levada a cabo polo Goberno central e sobre os pasos a seguir (tramitacións, solicitudes) para acadar a regularización. A cita será a partir das 9.30 horas. Está organizada (e impartida) pola Cruz Vermella de Boiro en colaboración co Concello.

A Regularización Extraordinaria de Inmigrantes 2026 é un proceso excepcional aprobado polo Goberno de España, mediante Real Decreto, que permite a estranxeiros en situación administrativa irregular obter permiso de residencia e traballo se estaban no país antes do 1 de xaneiro de 2026. Este mecanismo busca ofrecer seguridade xurídica a unhas 500.000 persoas e intégrase no Plan de Integración e Convivencia Intercultural.

Esíxese principalmente o seguinte: estar en España antes do 1 de xaneiro de 2026, acreditar unha permanencia ininterrompida de polo menos 5 meses, non ter antecedentes penais en España nin en países anteriores, e presentar pasaporte caducado ou en vigor. Débese demostrar a estancia mediante empadroamento, informes médicos, ou contratos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.