A Pobra celebra as Letras Galegas cun mes cheo de actividade cultural

28 Abril 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal volve apostar, un ano máis, por unha ampla e diversa programación cultural para o mes de maio, coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas. Música, danza, literatura, exposicións completan un amplo abano de actividades pensadas para todos os públicos.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou na presentación da axenda o papel fundamental do tecido asociativo para facer posíbel esta programación: “Maio vén cargado de actividade cultural grazas ás asociacións que colaboran sempre con nós. Queremos agradecerlle a súa implicación por enriquecer deste xeito o noso concello”.

Do mesmo xeito, convidou á veciñanza a participar activamente: “Animamos a todos os veciños e veciñas a que veñan e desfruten das propostas. As Letras Galegas son unha data moi importante e contamos cun abano moi amplo de actividades para celebralas”.

O programa dará comezo o sábado 2 de maio cunha ruada polas prazas e remate nos xardíns de Valle-Inclán da man da asociación Arrancadeira, que ofrecerá o seu espectáculo Bailando ás flores (Festa dos Maios).

Ao día seguinte, o domingo 3 de maio, haberá un festival polo Día da Nai coa Escola de Baile Caramiñas da asociación de Amas de Casa da Pobra. Será ás 20.00 horas no Teatro Elma.

O 8 de maio celebrarase a inauguración da exposición de pinturas A espátula e pincel, de Paco Casal. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

O 9 de maio a música será a protagonista co Consertasso na horta, de Brais das Hortas. Terá lugar no Teatro Elma ás 18.30 horas.

O propio día das Letras Galegas, 17 de maio, haberá un roteiro guiado polas rúas que lembran aos escritores/as galegas acompañado da música do grupo Eiradela. Dará comezo ás 11.30 horas.

O día 21 de maio, ás 20.00 horas, farase un percorrido polos traballos internos do Museo Valle-Inclán por Sara Barbazán.

En homenaxe a Begoña Caamaño, o día 22 de maio, ás 18.30 horas, no Cantón da Leña, terá lugar o obradoiro Polo Correo do Vento: As Letras para Begoña. Será “unha combinación de narración oral, música en directo, ilustración e obradoiro de debuxo”. Esta actividade forma parte da Rede de Dinamización Lingüística.

Daniel Landesa presentará, o día 27 de maio, ás 12.00 horas, no auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, o libro gañador do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Nenapingüín. O alumnado de primaria recibirá un exemplar como agasallo. Seguindo coas presentacións, o 29 de maio, ás 20.00 horas, Juan Galán presentará Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés (1939-1945).

Por último, a programación despedirase co espectáculo Reunión Familiar, de Bradomín Teatro. Será ás 19.30 horas no Teatro Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...