A Escola Municipal de Ballet de Ribeira celebra o Día Internacional da Danza cunha xornada de portas abertas

27 Abril 2026

Co gallo do Día Internacional da Danza que se conmemora no 29 de abril, a Escola Municipal de Ballet de Ribeira organiza unha xornada de portas abertas no propio mércores, ás 17.00 horas, no Conservatorio Municipal “Enrique Paisal”.

Corresponderase coa clase de danza clásica 1, á que asiste rapazada con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos. O obxectivo é dar a coñecer a aula e a especialidade que se imparte na mesma para amosar a calidade do traballo do alumnado, o seu compromiso e a evolución, do mesmo, ademais de quen poida estar interesado en unirse ás clases.

“Aproveitamos esta data para abrir á cidadanía o traballo que desenvolven a nosa escola máis alá de espectáculos en si. Queremos que a xente teña ocasión de ver como é unha clase cotiá e como se prepara o alumnado para que despois poidamos desfrutar como público do seu talento, que ten moitas horas de perfeccionamento detrás. E, por suposto, para quen teña curiosidade sobre o ballet, que se anime incorporarse á aula”, manifesta a concelleira de Educación, Nucha Brión.

Tamén se dispón do enderezo electrónico danza@ribeira.gal para solicitar información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...