O Centro Lustres Rivas de Ribeira exhibirá a nova edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico a partir do 30 de abril

27 Abril 2026

A arte contemporánea será a protagonista da nova exposición que chega ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Trátase da XV edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico; un punto de encontro cultural entre os pobos de Galicia e o norte de Portugal. O acto inaugural será o xoves, 30 de abril, ás 20.00 horas, polo que Ribeira constitúe a cuarta parada dos once municipios galegos e portugueses nos que recalará esta mostra itinerante.

A Bienal eríxese como unha plataforma de visibilidade para artistas emerxentes e consagrados, revelando novas perspectivas e linguaxes para relatar sobre o lenzo o mundo no que vivimos como sucede, por exemplo, coa obra de António Miranda, un dos artistas que expoñen, falecido recentemente.

Entre as preto de 30 pezas, poderanse contemplar o primeiro premio, Sobre a liberdade de Ser, de Acácio Viegas; o segundo, Rompiendo
límites
, de Javier Pena; o galardón a novos talentos, O que vi, de Afonso António; e as mencións de honra, Lamento polos Antigos Mestres e (Des)fragmentado, de Esther Moe Dowson e Rodolfo Lopes, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...