O Centro Social de Boiro só abrirá (polo de agora) a súa aula de estudo

25 Maio 2020

O Concello de Boiro vén de achegarnos máis detalles sobre a agardada reapertura do Centro Social, da que falamos este luns nesta web, dando conta da importancia deste feito para a vida cultural, dinamizadora e cidadá do termo municipal. Segundo informa o Goberno local, nesta fase II da desescaladao horario do centro será de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Polo momento so vai abrir a aula de estudo e, segundo se vaian podendo reactivar os demais servizos, farase de xeito gradual e cumprindo as medidas de seguridade e de distanciamento.

Para a apertura das instalacións fíxose unha limpeza e desinfección previa do espazo e das instalacións e delimitouse o espazo de xeito que non se supere un terzo do aforo e os usuarios e usuarias cumpran coas medidas de distancia social. Para calquera dúbida ou consulta, os usuarios e usuarias poden chamar ao 981 84 26 35.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.