O Centro Social de Boiro abre as súas portas este martes

25 Maio 2020

A crise sanitaria puxo os nosos espazos sociais e de dinamización nun estado non presencial de actividade: con portas virtuais abertas, seguindo adiante co seu labor nas redes e argallando unha chea de cousas para cando rematara o peor do situación. É o caso do Centro Social de Boiro, que agora, coas medidas de alixeiramento das restricións da Fase II, anunciou no Facebook que esta semana (concretamente este martes 26 de maio) estará en disposición de volver abrir as portas á veciñanza, garantindo, iso si, o distanciamento e as máis estritas medidas sanitarias e de seguridade.

Segundo informan do Centro Social, a desta semana será novamente unha histórica apertura, logo da primeira posta en marcha oficial, a do verán de 1999, cando as instalacións acabadas de estrear foron ocupadas polos estudantes locais e logo, progresivamente e sen pausa, polo resto da veciñanza. “Mañá abrimos de novo, para ir, gradualmente, recuperando a normalidade”, informan.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.