O Concello de Muros fai traballos de limpeza e roza no Ancoradoiro

26 Abril 2026

O Concello de Muros proseguiu os días pasados co plan de mantemento das nosas zonas verdes, actuando nesta ocasión na contorna do Ancoradoiro.

Dende a Concellería de Obras e Servizos estanse a levar a cabo tarefas de roza e limpeza co obxectivo de mellorar o estado xeral deste espazo natural, favorecendo a súa conservación e. en palabras da Concellería, “garantindo un uso máis seguro e agradábel para a veciñanza e visitantes”.

“Estas actuacións resultan especialmente importantes tras os meses de inverno, nos que o crecemento da vexetación é máis intenso, e permiten manter en boas condicións un dos enclaves máis frecuentados do noso litoral”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.