Muros celebra o Día do Circo este 25 de abril

24 Abril 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebra o Día do Circo este sábado 25 de abril. A cita será a partir das 18.00 horas e inclúe o espectáculo Varietés, da compañía Pistacatro Produtora de Soños.

A proposta presenta un espectáculo de variedades que percorre a historia do circo a través de diferentes disciplinas como as acrobacias, os números aéreos ou os malabares, nun formato dinámico e accesible que combina tradición e contemporaneidade.

Varietés convida ao público a achegarse ao universo do circo desde unha perspectiva lúdica e participativa, reivindicando esta disciplina como unha das artes escénicas máis completas, capaz de integrar habilidade técnica, creatividade e emoción.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a continuidade desta iniciativa: “Celebramos o Día do Circo por terceiro ano consecutivo no noso auditorio, consolidando esta cita dentro da nosa programación cultural. Apostamos por propostas como esta, que achegan o circo a todos os públicos e poñen en valor esta disciplina artística”.

As entradas están xa á venda e poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.