Sabela González, do colexio de Olveira, gañadora da quinta edición do concurso escolar de deseño de marcapáxinas de Ribeira

23 Abril 2026

A quinta edición do concurso escolar de deseño de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de Ribeira xa ten gañadora: Sabela González Martín, alumna de 6° curso de primaria do CEIP de Olveira. A concelleira de Educación, Nucha Brión, xunto ao bibliotecario Xoán Fernández, foron os encargados de facerlle entrega do premio consistente nun lote de libros e nun diploma, ademais de imprimir o seu deseño en formato de marcapáxinas para repartir dende a propia Biblioteca Municipal.

“Convocamos este concurso como antesala á celebración do Día Internacional do Libro que é hoxe; unha data moi apropiada para facer entrega do galardón ao deseño distinguido para ser a imaxe que ilustre os marcapáxinas que repartamos dende a Biblioteca Municipal. Unha iniciativa na que involucramos á comunidade educativa para que a rapazada, tal e como sucede coa lectura, dea rolda solta á súa imaxinación coa elaboración destes debuxos que marcará as páxinas nos libros dos lectores de Ribeira e tamén, cunha proposta lúdica, que busca fomentar o hábito lector”, explica a edil.

O debuxo de Sabela, quen asistiu á entrega acompañada de compañeiras e compañeiros de aula, ademais do seu profesorado, presenta un gato asombrado ante unha estante ateigado de libros onde se poden ler os títulos de clásicos da literatura. A propia Sabela explicou que a idea xurdiu polo gusto que ten pola lectura e nese momento estaba cun gato; polo que aí xerminou o concepto da ilustración.

Ademais, tiveron ocasión de contemplar a exposición realizada cos 364 marcapáxinas participantes, de cinco colexios do municipio, nesta quinta convocatoria do certame; unha mostra que se pode visitar na propia Biblioteca Municipal ata finais de mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.