A AELG solicita a reposición no seu lugar orixinal do monólito dedicado ao noiés Antón Avilés de Taramancos en Monforte de Lemos

23 Abril 2026

Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fan constar a súa “profunda preocupación” pola situación do monólito dedicado ao escritor noiés Antón Avilés de Taramancos en Monforte de Lemos, inaugurado en 2003, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas nese ano.

Segundo informacións divulgadas publicamente e reflectidas pola AELG, “leva varios meses tirado nunha leira de propiedade do Concello de Monforte, próxima ás instalacións do punto limpo, onde fora trasladado desde a rúa a que dá nome o autor, por parte dunha empresa que realizou arranxos recentemente nas beirarrúas”.

O estado actual do monólito

A AELG sinala que “tendo en conta a enorme relevancia intelectual, poética e persoal de Antón Avilés de Taramancos, quen ademais fora presidente da AELG entre 1986 e 1988, solicitamos que sexa reposto urxentemente este monólito no seu emprazamento orixinal, restituíndo así a súa xusta memoria e valoración como autor fundamental da nosa literatura”.

Colocación do monólito en 2003.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.