O Concello de Padrón celebra o sábado 2 de maio a súa primeira actividade “pet friendly”

22 Abril 2026

O Concello de Padrón, en colaboración coa axencia de viaxes pet friendly Rekunchos, presenta unha nova proposta turística innovadora baixo o título Desfruta o Padrón Xacobeo co teu can, unha actividade pioneira no municipio que busca diversificar a oferta e atraer novos perfís de visitantes comprometidos co respecto ao patrimonio e coa sustentabilidade.

Esta iniciativa, que se celebra por primeira vez en Padrón, celebrarase o sábado 2 de maio, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e consistirá nunha ruta de 3 quilómetros con visita guiada pensada para ser desfrutada en compañía de cans, fomentando así un modelo de turismo responsábel, inclusivo e respectuoso coa contorna.

A actividade será totalmente gratuíta e permitirá ás persoas participantes descubrir algúns dos enclaves máis significativos do Padrón xacobeo desde unha perspectiva diferente, combinando patrimonio, natureza e convivencia responsable cos animais.

Desde o Concello, a concelleira de Turismo, Chus Campos, destaca que esta proposta “responde á necesidade de adaptarse ás novas tendencias turísticas, xa que cada vez máis persoas viaxan coas súas mascotas e buscan experiencias sostibles, de calidade e en contacto coa contorna”. Ademais, subliña que este tipo de accións contribúen a afianzar Padrón “como un destino innovador dentro do Camiño de Santiago, ampliando o seu atractivo máis alá do turismo tradicional”.

A organización corre a cargo de Rekunchos e do propio Concello de Padrón, dentro da súa estratexia de promoción turística vinculada ao territorio, ao patrimonio cultural e ao respecto polo medio natural.

As persoas interesadas poden inscribirse na ligazón habilitada e obter máis información e realizar consultas a través de WhatsApp no número 673 449 527 ou no correo electrónico info@rekunchos.com.

Con esta primeira iniciativa pet friendly, Padrón dá un paso máis cara a un modelo turístico máis sostíbel, inclusivo e adaptado ás novas demandas, reforzando o seu compromiso coa posta en valor do seu patrimonio e coa captación de visitantes responsábeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...